Inaugurada la exposición O Grove, feminino plural
Fecha: 2011-03-03
Estará ao longo de todo o mes de marzo na cafetería da Casa da Terceira Idade.
Organizada pola Concellería de Igualdade e Benestar, O Grove, feminino plural ten como comisarios a Lino Prieto, Luís Rei e Miguel Muñiz e reflicte o importante labor da muller no noso concello ao longo da historia ata hoxe. O mundo da malla e a agricultura, o mundo do mar, da fabrica, das colareiras, A Toxa, a educación, as costureiras, o fogar, as festas e, en definitiva, todos os ámbitos onde a muller foi transcendental na nosa vila e no noso pais están expostos en 17 paneis que o primeiro tenente de alcalde, Carlos Álvarez, convida a visitar.