Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Campaña de verán 2011 de Xuventude e Voluntariado

Fecha: 2011-03-07

 

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca a Campaña de verán 2011 (DOG nº 45 do 7 de marzo). A participación na Campaña de verán 2011 realizarase a través de inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous, tres ou catro irmáns).

 

Os participantes disporán dos seguintes servizos:

a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación da/o moza/o. b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil. c) Manutención en réxime de pensión completa. d) O material necesario para a actividade. e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, se é o caso. f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes. g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.

A incorporación aos campamentos e albergues de Galicia será por conta do interesado o día de inicio da quenda correspondente, entre as 16.00 e as 19.00 horas. Non se admitirá ningún participante despois deste límite.

Nas actividades que se leven a cabo noutras comunidades autónomas, será por conta do interesado o traslado desde o seu domicilio ata Santiago de Compostela, tanto o día de saída para a actividade como o día de chegada desta.

 Idade dos participantes: de 9 a 17 anos. -Os nacidos no ano 1993 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento. -Os nacidos no ano 2002 deberán ter cumpridos 9 anos no inicio do campamento.

Ningún participante poderá ser admitido en máis dun campamento por ano. Aqueles mozos e mozas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% deberán participar neste programa a través da convocatoria que realiza todos os anos a Dirección Xeral de Dependencia e Autonomía Persoal-Subdirección Xeral de Promoción da Autonomía Persoal, e non poderán presentar solicitudes de participación no sorteo que se celebrará o día 20 de abril.

 

Prazos: O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 21 de marzo de 2011 e pódense tramitar na OMIX, situada na Casa Azul.

 

A partir do 4 de abril, o interesado deberá comprobar a recepción da súa solicitude, así como os posibles erros e comunicalos por teléfono antes do 18 de abril.

O sorteo realizarase o día 20 de abril de 2011, ás 12.00 horas na sala de prensa da Consellería de Traballo e Benestar. A lista de admitidos será exposta a partir do día 21 de abril de 2011. Os participantes seleccionados deberán presentar o xustificante de pagamento e a documentación antes do día 5 de maio de 2011. As prazas vacantes que non se cubrisen polos procedementos anteriores serán ofertadas a partir do día 6 de xuño e poderán reservarse por teléfono a través de calquera servizo de Xuventude e Voluntariado das xefaturas territoriais ou da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.