Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Axudas para a realización de actividades de formación en lingua estranxeira 2011

Fecha: 2011-03-11

Información publicada no DOG núm. 49, do 11 de marzo. Poderá solicitar a participación nas actividades convocadas e ser beneficiario destas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  • Estar cursando 6.º de educación primaria; 1.º e 2.º, 3.º e 4.º da educación secundaria; 1.º ou 2.º de bacharelato e ciclos formativos de grao superior en centros sostidos con fondos públicos.
  • Ter superadas todas as áreas, materias ou módulos no curso 2009-10.
  • Ter acadado no curso 2009-10 unha cualificación mínima de ben, para o alumnado de educación primaria, e de 6 para o de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de ciclos formativos, na área, materia ou módulo de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.
  • Non ter concedida outra axuda coa mesma finalidade.
  • Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte, coa excepción do alumnado de 6.º de educación primaria. O alumnado que viaxe ao estranxeiro debera estar en posesión do pasaporte.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 12 de abril. Enlace para ver o cartel informativo das distintas actividades: https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/axudasle/cartel_informativo_2011.pdf