Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Ampliación dos prazos para inscribirse na Escola de Verán

Fecha: 2011-05-26

 

O tenente alcalde en funcións, Carlos Álvarez, anuncia a ampliación do prazo para inscribirse na escola de verán para os nenos e nenas de 3 a 12 anos. O nacionalista afirma que aínda queda algunha praza libre e o concello pretende cubrilas todas. Afirma que algúns nenos so estarán no mes de xullo ou no mes de agosto, o que facilita ampliar as prazas a máis familias. Concretamente, aínda quedarían 45 prazas libres para o de mes de xullo 56 o de agosto, ou 45 para os dous meses máis 11 para o mes de agosto.

 

O tenente alcalde animou as familias a facer uso deste servizo municipal, que nace para axudar a conciliar a vida familiar e laboral das familias, e ofrecerlles aos nenos e nenas unha alternativa as vacacións desde unha perspectiva formativa e educativa. Aprendizaxe cooperativo, actividades de ocio e tempo libre e xogos baseados nos valores da igualdade, respecto e tolerancia. Os nenos que poderán participar son os nacidos entre o 1999 e o 2007, e veciños da localidade. O novo prazo rematará o 15 de xuño.

 

O programa levarase a cabo desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto, e será de luns a venres con horario de 9.45 a 13.45 h no IES Monte da Vila. A novidade deste ano é que as familias que o desexen poderán solicitar horarios máis amplos, de 8.00 a 14.00 h. Así mesmo, tamén se está analizando a posibilidade de crear un comedor para aquelas familias que o demanden.