Becas para estudios postobrigatorios y superiores no universitarios
Fecha: 2011-08-05
A OMIX avisa que o Ministerio de Educación convoca bolsas e axudas ao estudo de carácter xeral e de mobilidade, para o curso académico 2011-2012, para o alumnado que curse estudos postobrigatorios e superiores non universitarios.
Bolsas:
Bolsas de carácter xeral para o alumnado que, no curso académico 2011-2012, curse algún dos estudos seguintes con validez en todo o territorio nacional:
1) Primeiro e segundo cursos de bacharelato. 2) Formación Profesional de grao medio e de grao superior. 3) Ensinanzas artísticas profesionais. 4) Ensinanzas deportivas. 5) Estudos de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluídos a modalidade de distancia. 6) Ensinanzas artísticas superiores. 7) Estudos relixiosos superiores. 8) Estudos militares superiores.
Bolsas de mobilidade para o alumnado que, no curso académico 2011-2012, curse algún dos estudos a que se refiren os números 6) e 7) anteriores en modalidade presencial e en centros situados en comunidade autónoma distinta á do seu domicilio familiar.
Axudas:
Convócanse axudas ao estudo para o alumnado que, no curso académico 2011-2012, curse algún dos estudos seguintes con validez en todo o territorio nacional: 1) Cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional impartidas por centros públicos e en centros privados concertados que, ademais, teñan autorizadas as ensinanzas de formación profesional. 2) Programas de cualificación profesional inicial.
A solicitude deberase cumprir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a «Trámites e Servizos». O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 30 de setembro de 2011 inclusive.
Máis información:
- na OMIX do Concello do Grove
- no BOE do 27 de xullo (páxina 12953)