Saltar al contenido

Esta web solo usa cookies propias técnicas, necesarias para su funcionamiento. Las estadísticas de visitas son anónimas y no usan cookies. Más información en nuestro aviso sobre cookies.

Aceptar

Campamentos da Deputación Provincial na Lanzada.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) informa que a Deputación de Pontevedra oferta, un ano máis, os campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada, que terán lugar nas seguintes datas:

  • Primeira quenda: 23 de xuño–29 de xuño

  • Segunda quenda: 30 de xuño–6 de xullo

  • Terceira quenda: 7 de xullo– 3 de xullo

  • Cuarta quenda: 14 de xullo–20 de xullo

  • Quinta quenda: 21 de xullo–27 de xullo

  • Sexta quenda: 28 de xullo–3 de agosto

  • Sétima quenda: 4 de agosto–10 de agosto

  • Oitava quenda: 11 de agosto–17 de agosto

  • Novena quenda: 18 de agosto–24 de agosto

  • Décima quenda: 25 de agosto–31 de agosto

  • Undécima quenda: 1 de setembro–7 de setembro

A derradeira quenda está pendente de confirmar debido a que non está aprobado o calendario escolar nin a data de comezo das clases.

Participantes Rapaces que teñan o seu domicilio habitual no concello no que solicitan a praza (certificado ou volante de empadroamento), nacidos entre os anos 2000 e 2005, ambos os dous incluídos.

Quedarán excluídos os menores sen capacidade para desenvolver as necesidades básicas diarias así como os nenos con doenzas ou minusvalías que teñan contraindicadas a súa asistencia ó campamento e o desenvolvemento normal das actividades.

Prezo

O prezo será de 68 € por neno.

No prezo do campamento non se inclúen actividades nin excursións, que serán aboadas na presentación do campamento (no primeiro día da correspondente quenda).

Documentación para presentar

  • Fotocopia do DNI do pai/nai ou titor

  • Fotocopia do DNI do solicitante; de non o ter, o libro de familia

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do menor ou do seguro médico privado

  • Certificado ou volante de empadroamento

Prazo e lugar de inscrición

Ata o 3 de abril na OMIX, situada na Casa Azul. Teléfono: 986 730 609

Máis información

http://www.depontevedra.es/?1,30293


Todas las noticias