Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Foro 'Lidera a túa idea' el 13 de mayo a las 16.00 h en la casa azul

Fecha: 2013-05-08

 

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, está a desenvolver en 41 puntos da xeografía galega os foros "Lidera a túa idea", para promover entre a mocidade actividades de aprendizaxe non formal que lles permita desenvolver as súas capacidades, creatividade e espírito emprendedor involucrándose na posta en marcha dos seus propios proxectos.

Estes foros son un xeito de achegarlles e habilitar os mozos e mozas galegos toda a información necesaria e as ferramentas para poder levar a cabo a solicitude, desenvolvemento e execución de proxectos de participación xuvenil de calidade, como ‘Iniciativa Xove’. Celebraranse nos 7 campus galegos, nas 9 cidades máis poboadas, nas cabezas de comarca e nos 12 Espazos Xove dependentes do departamento autonómico. No Concello do Grove terá lugar o luns 13 de maio as 16,00 h. na Casa azul. A oficina de información xuvenil é a encargada de dar máis información sobre esta charla e de recoller as solicitude de todas aquelas persoas que estén interesadas en participar.

Nos foros recordarase que está aberto ata o 18 deste mes o prazo para acceder á orde de axudas enmarcadas no programa de fomento da participación xuvenil ‘Iniciativa Xove’. Neste ano 2013, cóntase para este programa cun orzamento de ao redor de 730.000 euros, o que supón un incremento do 3,55% con respecto ao ano anterior, e que vai permitir o financiamento de preto de 250 iniciativas e proxectos xuvenís.

Estas axudas están dirixidas tanto a asociacións xuvenís como a grupos informais de mozos e mozas. O programa esta concibido como un instrumento para que a mocidade poida demostrar a súa capacidade para organizar, emprender e impulsar actividades nas que os actores principais son eles mesmos. Poderase financiar o cento por cento das iniciativas e proxectos ata un investimento máximo por cada actividade será de 4.000 euros.

Estes foros continúan coa estratexia do departamento de Xuventude de realizar un traballo de dinamización nos lugares onde se atopan os mozos e mozas usuarios dos servizos que presta e beneficiarios dos programas que leva a cabo. Esta acción está enfocada a grupos de mozos e mozas, membros de asociacións xuvenís e a responsables de políticas de xuventude.