A EGAP convoca sete cursos de linguaxe administrativa galega para a Administración local
Fecha: 2013-07-02

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca no DOG núm. 124, do 2 de xullo de 2013, sete edicións do curso de linguaxe administrativa galega (catro do nivel medio e tres do superior).
Os cursos van dirixidos aos empregados públicos e ás empregadas públicas destinados na Administración local de Galicia e que se atopen en situación de servizo activo ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar. Toda persoa solicitante que ao inicio do curso estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado.
Modalidade: Teleformación
Número de prazas: 210 (30 por curso)
Datas dos cursos:
Nível medio: do 2.9.2013 ao 27.10.2013
Nivel superior: 23.9.2013 ao 17.11.2013
Data dos exames:
Nivel medio: 9.11.2013
Nivel superior: 30.11.2013
Matrícula: egap.xunta.es/matricula
Prazo de matrícula: desde o 03/07/2013 (ás 8:00 horas) ata o 12/07/2013 (ás 14.00 horas)
Máis información:
Medio de linguaxe administrativa galega
Superior de linguaxe administrativa galega
Ou no SNL do Concello do Grove