Curso oficial de Monitor de Actividades de Tempo Libre
Fecha: 2013-12-20
As concellerías de Xuventude e Deportes do Concello do Grove organiza e subvenciona o Curso de Monitor de Actividades de tempo libre, titulación oficial expedida pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (Xunta de Galicia). O curso será impartido pola Escola de tempo libre Dajalca.
A impartición do curso será durante as fins de semana ata completar as 200 horas teóricos-prácticas que comprende, ademais de 150 horas prácticas que hai que realizar nun prazo de dous anos en proxectos de ocio e tempo libre que estarán promovidos polas concellerías organizadoras en forma de talleres, actividades, campamentos deportivas, ludotecas, etc.
Durante esta primeira fase teórica, o alumnado recibirá a formación necesaria en materias relacionadas co ocio e o tempo libre e recollidas no Decreto 50/2000 de Xuventude, tales como xogos, deportes, teatro, primeiros auxilios, natureza e medio ambiente, cancións, artísticas, ademais dunha importante formación que os ensinará a redactar proxectos de intervención socioeducativa e lexislación.
Esta fase teórica compleméntase con diversas saídas de interese educativo e que ademais serán posibles destinos laborais do alumnado que realice o curso. Estanse programando saídas ao campamento da Lanzada, As Sinas, monte da Siradella, Centro Forestal de Lourizán, unha granxa escola (Kiriko ou Sarantellos), o Acuario do Grove, etc.
O custo do curso é de 250 horas e inclúe o carné de manipulador de alimentos.
As persoas desempregadas e os titulares do carné de familia numerosa empadroadas no Concello do Grove recibirán unha axuda municipal de 75 € que se descontará directamente do custo total do curso. Ofrécense facilidades para facer o pagamento do curso: á hora de formalizar a matrícula aboarse 100 € mediante tranferencia bancaria á conta da empresa que imparte o curso e o resto do importe poderase aboar nunha totalidade ou en varios prazos antes de rematar o curso.
As persoas interesadas en participar no curso deberán cubrir a ficha de inscrición e entregala na OMIX (Casa azul), xunto a ela, ademais, acompañarán a copia da tranferencia, fotocopia do DNI e os documentos xustificativos de estar desempregado ou de familia numerosa, de ser o caso.
Teléfono de contacto do irector do curso para ampliar información: 626 971 839 (Carlos Otero Rodríguez)