II Carreira San Silvestre Escolar do Grove
Fecha: 2013-12-20
O vindeiro 29 de decembron as ANPA locais, en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello do Grove, organiza unha carreira popular, coa intención de reunir aos rapaces e familias de O Grove para facer algo diferente fóra do ámbito escolar en Nadal.
O que propoñemos é unha carreira popular dentro do centro urbano, con percorridos de diferentes distancias dependendo da idade dos rapaces.
Animámosvos a participar con eles, daríalle un atractivo especial que os rapaces e adultos viñesen vestidos ou levasen algún motivo destas datas (gorros, diademas, cintas, maquillaxe…).
Non haberá trofeos ou premios para os gañadores, nesta carreira non é importante quen chega primeiro ou último, senón facer un pouco de exercicio e divertirnos. A todos os rapaces que participen daráselles unha medalla como recordo deste evento.
Ás 11.30 h comezarán as Inscricións e a partir das 12.00 h comezarán as carreiras: 200 m infantil, 400 m 1º ciclo primaria, 650 m 2º ciclo de primaria, 1100 m 3º ciclo de primaria.
O evento rematará cunha carreira-andaina para todos os participantes de 2250 m.