La Red de Bibliotecas de O Grove vuelve a mejorar sus cifras en 2013
Fecha: 2014-01-03
- Na biblioteca municipal o número de visitas incrementouse en 2805 e o de préstamos en 4057 con respecto a 2012
O modelo organizativo implantado na Rede de Bibliotecas do Grove segue a consolidarse e as melloras nos servizos son recompensadas cun importante incremento do número de visitantes usuarios dos diferentes servizos e do préstamo de documentos.
Ao comezo do actual mandato, en xullo do 2011, a Concellería de Novas Tecnoloxías, Documentación e Patrimonio apostou de xeito firme por fomentar o uso das bibliotecas municipais incorporándoas ao actual modelo de biblioteca: a biblioteca como produtora, provedora e democratizadora da información; como espazo de formación e desenvolvemento persoal e como punto de encontro e como espazo cultural de proximidade. As reformas emprendidas ían dirixidas a facelas máis acolledoras, funcionais e adaptadas ás necesidades cambiantes da poboación, incrementando a cantidade e a calidade dos servizos prestados á cidadanía.
Os cambios e esforzos realizados están a ser recompensados ano tras ano pola poboación da vila, o que se traduce nun notable incremento no número de usuarios dos diferentes servizos e no número de préstamos de documentos librarios e recursos electrónicos. Pero ata a biblioteca municipal do Grove tamén chegan veciños das vilas limítrofes atraídos pola permanente actualización dos fondos ou as actividades de dinamización lectora, e que obteñen a información a través da Redes Sociais.
A biblioteca municipal do Grove incrementou en 2013 un 17,47 % o número de usuarios dos diferentes servizos, que pasou de 16054 visitas no 2012 a 18859 no 2013. Esta mellora aínda é moito máis notable se o comparamos cos datos do 2010 cando o número de visitas foi 7226, experimentando así un incremento do 160,99 %.
Pero os resultados non son menos sorprendentes no servizo de préstamo que acadou unha cifra de 9051 préstamos no 2013, cun incremento do 81,24 % con respecto ao 2012 e do 374,62 % con relación ao 2010.
Os datos da biblioteca municipal:
|
Ano |
Visitas |
Préstamo Infantil |
Préstamo adulto |
Préstamo audiovisuais |
|
2010 |
7226 |
1032 |
762 |
113 |
|
2011 |
9453 |
1449 |
933 |
141 |
|
2012 |
16054 |
2693 |
1742 |
559 |
|
2013 |
18859 |
4256 |
2801 |
1994 |
Tamén se están a obter moi bos resultados na Axencia de lectura de San Vicente que, tras permanecer varios anos pechada ao público, foi reorganizada, amoblada, informatizada e reaberta en xullo de 2011. Estas instalación están a ser cada vez máis utilizadas pola veciñanza da zona que non ten que desprazarse ata O Grove, pudendo obter alí calquera documento da Rede de Bibliotecas do Grove. No 2013 recibiu 2283 visitas e realizáronse 806 préstamos.
Os datos amosan que cada vez son máis as persoas de todas as idades que utilizan os recursos bibliotecarios municipais do Grove e que se está a garantir un maior acceso ao coñecemento, á información e á formación, atendendo as diferentes demandas da poboación.
Os servizos máis utilizados pola cidadanía son o servizo de préstamo, a zona infantil e de bebeteca, a utilización dos ordenadores de uso público, a Wi-Fi e a participación en obradoiros e actividades de animación á lectura.
Pero a Concellería de Novas Tecnoloxías, Documentación e Patrimonio non descansa e segue a traballar para seguir mellorando a cantidade e calidade dos servizos ofertados co fin de seguir atendendo as necesidades e demandas da poboación que utiliza estas instalacións e recursos municipais. Neste sentido, acábase de poñer en marcha un novo servizo de préstamo de portátiles, tabletas e lectores de libros electrónicos e xa se está a ultimar o Programa de animación lectora de 2014 con moitas sorpresas.