Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Charla e saída o complexo intermareal Umia-O Grove para observar aves

Fecha: 2014-02-17

 

Dentro das actividades de concienciación ambiental que está a desenvolver a Concellería de Medio Ambiente, estanse a desenvolver desde o pasado venres 14 de febreiro e durante toda esta semana unhas xornadas de concienciación ambiental nas que se lle mostrará á rapazada, a través de dous técnicos especializados, os valores naturais que posúe o lugar onde viven.

 

O conxunto de actividades que se están a facer están enmarcadas dentro do proxecto PIO e procuran dous obxectivos primordiais. Primeiramente, na charla teórica, os rapaces e as rapazas terán unha experiencia didáctica onde se lles explicará os lugares que están baixo protección no Grove e o porqué; a seguir, expónselles o tipo de aves que habitan neles e a importancia do seu coñecemento. A segunda actividade e, polo tanto, segundo obxectivo, é comprobar in situ mediante unha experiencia en vivo o que se comentou na charla. Con esta segunda fase educativa, os rapaces e as rapazas serán conscientes dos valores naturais do contorno en que viven. Un concepto que é de suma importancia, xa que coidamos desde a esta concellería que non hai maior sentimento de respecto que procurar o seu coñecemento.

 

CronoloxÍa das actividades:

  • venres 14 de febreiro: 9:35-10:25 h | curso no centro de Conmeniño   

Alumnos de 6º curso: 21 alumnos

  • luns 17 de febreiro: 9:30-10:30 h | curso no centro.      

O colexio das Bizocas, e Conmeniño 10:30-12:30 h | saída ao punto de observación: A Toxa

Primeiro darán o curso nas Bizocas e pasarán polo colexio de Conmeniño a recoller os rapaces. Irán os dous colexios a saída. As 13:30 h teñen que estar de volta cos nenos do colexio de Conmeniño.

Alumnos: 35 alumnos.

  • venres 21  de febreiro: 9:30-10:30 h | curso no centro.     10:30-12:30 h | saída ao punto de observación: A Toxa.

O Colexio Rosalía de castro: 40 alumnos

  • xoves 20 de febreiro: 9:30-10:30 h | h curso no centro.       10:30-12:30 h | saída ao punto de observación: marisma do Vao

Colexio Valle Inclán 42 alumnos