I Concurso de Tuits por la Igualdad
Fecha: 2014-02-21
A Concellería de Igualdade, co gallo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, pon en marcha o I Concurso de Chíos pola Igualdade, que organiza coa colaboración das concellerías de Novas Tecnoloxías e Educación e co Servizo de Normalización Lingüística municipal.
As persoas interesadas en participar deberán estar empadroadas no Grove e terán ata as 23.59 horas do martes 4 de marzo para publicar en Twitter o seu chío (tweet). Cada participante poderá enviar un só chío que deberá incluír a etiqueta (hashtag) #IgualdadeOGrove8M e a mención @IgualdadeOGrove. Así mesmo, os lemas, frases ou mensaxes deberán ter unha extensión máxima de 140 caracteres, a que permite esta rede social, e estar escritos en galego.
Rematado o prazo de publicación, a Concellería de Igualdade publicará o 6 de marzo os chíos premiados e a partir desa data as persoas premiadas disporán dun prazo de 24 horas para identificarse a través dun correo electrónico enviado a iguadadeogrove8m para poder recibir o seu premio, unha tablet.
O 8 de marzo, as persoas premiadas lerán os seus chíos premiados durante acto que se desenvolverá durante os actos conmemorativos do Día Internacional da Muller.
Para que o teu Twitter "chíe" en galego: entra en settings e despois en account, logo só tes que cambiar en language para o galego.Anímate!