Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar
23 Out

“Berce do Son”

23 Outubro 2026

Venres 23 de outubro, 17.30 h na Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rey”, a través do “Programa+ Música” da Deputación de Pontevedra

-- Para a rapazada de 1 a 4 anos acompañados de un adulto

 -- É necesaria inscrición previa na biblioteca municipal, no email biblioteca [arroba] concellodogrove.es ou nas Redes Sociais

"Berce do son" a cargo da violoncellista Susana Blanco e a pianista Katerina Linke, é unha proposta musical inmersiva dirixida á primeira infancia, pensada para bebés e nenos/as pequenos/as acompañados por unha persoa adulta.

O espectáculo constrúese arredor do mar como presenza sonora, visual e sensorial.

A proposta combina obras do repertorio clásico con melodías tradicionais e arranxos propios adaptados á sensibilidade dos máis pequenos. Saint-Saëns, Satie, Offenbach, Grieg, Fauré ou Brahms dialogan con cancións mariñeiras e sonoridades próximas ao imaxinario da costa, nun percorrido delicado, evocador e accesible.

“Berce do son” non é un concerto pasivo: os bebés e as súas familias forman parte da experiencia. A través de pequenas cestiñas con materiais sonoros e sensoriais, o público convértese tamén en intérprete, acompañando a música con xestos, texturas, movementos e sons suaves.

cartel