El jurado del II Concurso de Pintura Ernesto Goday se reunió el jueves 5 de febrero para dictaminar a obra ganadora de la segunda edición del certamen
Fecha: 2015-02-09
"Unha vez reunido o xurado do II Concurso de pintura Ernesto Goday para deliberar sobre os resultados da segunda convocatoria concluímos que, pola súa calidade, calquera das dezanove obras expostas podería ser a premiada, pois todas elas, ao noso xuízo, representan a riqueza de estilos que caben dentro deste certame.
Queremos, non obstante, aproveitar para lembrar un par de aspectos importantes que deben ser coñecidos por todos e que rexen en cada edición o traballo desinteresado dos profesionais deste xurado:
1.º Este xurado non ten por que dubidar da validez das obras presentadas a este certame para saíren elixidas, pois presuponse que os participantes coñecen perfectamente as bases e as cumpren. Porén, se este xurado detectase algún incumprimento dalgunha das bases, faríallo saber inmediatamente á persoa implicada.
2.º As valoracións que agora facemos públicas están feitas con base nas votacións que realizamos no seu día analizando estritamente a calidade artística das obras presentadas e non fixándonos en quen eran os seus autores nin cales eran os seus currículos profesionais, pois non é obxecto deste concurso.
Polo tanto, decidimos que os resultados do II Certame de Pintura Ernesto Goday sexan os seguintes:
· PRIMEIRO PREMIO: “Marea Baixa”. Pedro Vergara Pastor
· ACCÉSIT: “Mariscando na ría”. Diego Vites García
· ACCÉSIT: “Al atardecer”. Marene Lasagabáster Tricio
· ACCÉSIT: “Repousando no Peirao”. José Miguel Besada Costa
· ACCÉSIT: “Rúa da Praza (Luz de Outono)”. Eduardo Baamonde
Aproveitamos a ocasión para invitarvos a participar neste certame de pintura Ernesto Goday e así poder amosar as capacidades artísticas que plasmen a beleza desta contorna.
Un cordial saúdo
O xurado do II Concurso de Pintura Ernesto Goday"