Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Éxito de público no obradoiro de portugués organizado pola Concellería de Educación do Concello e o SNL municipal

Fecha: 2015-05-12

 

A actividade tivo lugar á tardiña do pasado venres na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey

 

OPS! O português simples foi o título do obradoiro de iniciación á lingua portuguesa impartido  pola AGAL (Ass. Galega da Língua) no Grove grazas á colaboración da Concellería de Educación e do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do concello meco.

 

O obxectivo fundamental desta actividade formativa gratuíta foi amosarlle ao público participante que o galego é unha “chave” privilexiada para acceder ao mundo cultural ou incluso laboral dos países lusófonos, porque en épocas de crise é cando cómpre afinar onde imos investir os nosos recursos e depositar a nosa atención.

 

Outro dos propósitos deste taller foi pór en valor a lingua galega, facendo ver a súa potencialidade e contrarrestando os prexuízos que a infravaloran, ao tempo que se lles mostrou aos e ás participantes que o portugués é a sexta lingua máis falada no mundo, oficial en catro continentes e en oito países, entre eles o Brasil, actual potencia emerxente mundial.

 

O obradoiro, de cen minutos de duración, conseguiu encher a aula de formación da casa da cultura do Grove e deixou os participantes con ganas de máis.