Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Programa A Noite é Nova. Xornadas abertas de seguridade viaria en familia

Fecha: 2015-05-13

 

 

Desde as concellerías  de Xuventude e Seguridade Cidadá do Concello do Grove convídase  ás familias a participar na Xornada de Seguridade Viaria, actividade que forma parte do programa A Noite é Nova, que se organizará este venres a partir das 5 da tarde no CEIP Rosalía de Castro.

 

O circuíto poderase realizar con karts, aos que poderán acceder os nenos/as que cursen 4º, 5º e 6º de primaria, o resto de participantes deberán levar a súa propia bicicleta e o casco.

 

Durante o circuíto os participantes, que nesta ocasión se quere implicar aos pais e nais despois de que os fillos gozaran das  xornadas que se están levando a cabo nos centros escolares da vila, poderán exercer de gardas de tráfico regulando o tráfico e vixiando que os condutores cumpran coas normas, de peóns respectando tamén as normas de circular pola dereita e con chalecos reflectantes en caso de saíren de noite, de ciclistas circulando con casco e de condutores respectando sinais, semáforos e normas de circulación.

 

Colaboran na actividade Policía Local, a OMIX, Club Deportiva Ría de Arousa e Lúatlon.

 

Lembramos que aínda quedan actividades  por realizar no Programa de A noite é nova: curso de cociña para rapaces de 16-35 anos, Zumba, coitelería sen alcol, xogos populares. No caso da primeira actividade é imprescindible reservar praza na OMIX.