Programa A Noite é Nova. Xornadas abertas de seguridade viaria en familia
Fecha: 2015-05-13
Desde as concellerías de Xuventude e Seguridade Cidadá do Concello do Grove convídase ás familias a participar na Xornada de Seguridade Viaria, actividade que forma parte do programa A Noite é Nova, que se organizará este venres a partir das 5 da tarde no CEIP Rosalía de Castro.
O circuíto poderase realizar con karts, aos que poderán acceder os nenos/as que cursen 4º, 5º e 6º de primaria, o resto de participantes deberán levar a súa propia bicicleta e o casco.
Durante o circuíto os participantes, que nesta ocasión se quere implicar aos pais e nais despois de que os fillos gozaran das xornadas que se están levando a cabo nos centros escolares da vila, poderán exercer de gardas de tráfico regulando o tráfico e vixiando que os condutores cumpran coas normas, de peóns respectando tamén as normas de circular pola dereita e con chalecos reflectantes en caso de saíren de noite, de ciclistas circulando con casco e de condutores respectando sinais, semáforos e normas de circulación.
Colaboran na actividade Policía Local, a OMIX, Club Deportiva Ría de Arousa e Lúatlon.
Lembramos que aínda quedan actividades por realizar no Programa de A noite é nova: curso de cociña para rapaces de 16-35 anos, Zumba, coitelería sen alcol, xogos populares. No caso da primeira actividade é imprescindible reservar praza na OMIX.