Esta semana comezaron as obras de pavimentación da rúa Claudio Iglesias
Fecha: 2015-07-28
Trátase dun proxecto aprobado no anterior mandato e que estaba pendente da execución logo de ter pasado tódolos trámites antes do mes de maio.
Este luns comezaron as obras de pavimentación da rúa Claudio Iglesias o que supón, de feito, o peche completo desta vía durante, polo menos unha semana. As obras consisten na retirada das lousas existentes e na creación dun firme de formigón. A xustificación deste cambio, segundo os informes técnicos, vén dada polo mal estado no que, de xeito reiterado, se atopaban as lousas, que non eran adecuadas para a circulación de vehículos e que sufrían continuas roturas e desprazamentos.
O proxecto desta rúa xa estaba aprobado e licitado no mes de maio, polo que, a data de hoxe, tan só restaba a súa execución. O Concello do Grove agradece a comprensión dos veciños e veciñas e dos visitantes polas molestias que estas obras poidan ocasionar.