Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Esta semana comezaron as obras de pavimentación da rúa Claudio Iglesias

Fecha: 2015-07-28

 

Trátase dun proxecto aprobado no anterior mandato e que estaba pendente da execución logo de ter pasado tódolos trámites antes do mes de maio. 

 

Este luns comezaron as obras de pavimentación da rúa Claudio Iglesias  o que supón, de feito, o peche completo desta vía durante, polo menos unha semana. As obras consisten na retirada das lousas existentes e na creación dun firme de formigón. A xustificación deste cambio, segundo os informes técnicos, vén dada polo mal estado no que, de xeito reiterado, se atopaban as lousas, que non eran adecuadas para a circulación de vehículos e que sufrían continuas roturas e desprazamentos. 

 

O proxecto desta rúa xa estaba aprobado e licitado no mes de maio, polo que, a data de hoxe, tan só restaba a súa execución. O Concello do Grove agradece a comprensión dos veciños e veciñas e dos visitantes polas molestias que estas obras poidan ocasionar.