Saltar al contenido

Esta web solo usa cookies propias técnicas, necesarias para su funcionamiento. Las estadísticas de visitas son anónimas y no usan cookies. Más información en nuestro aviso sobre cookies.

Aceptar

O Concello do Grove organiza actividades de cociña destinadas á xuventude

Durante estas datas desenvolveranse dous obradoiros nas instalacións do Obradoiro de Hostalería da Lanzada.

Desde a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello do Grove propóñense dúas actividades especificamente dirixidas á mocidade, máis concretamente a mozos e mozas de entre 12 e 18 anos. Trátase de obradoiros que terán lugar aproveitando o período de vacacións de Nadal e durante os meses de xaneiro e febreiro e que están orientadas á cociña. 

O programa comeza cun obradoiro de cociña de Nadal que se vai desenvolver entre o 28, 29 e 30 de decembro en horario de 11.00 a 13.00 horas e que se centra na decoración e mantemento da mesa de Fin de Ano e Reis, ademais de traballar na elaboración de entrantes, pratos e sobremesas de Nadal. Neste caso a matrícula é de balde, sendo as prazas limitadas a trinta persoas, polo que é precisa inscrición previa na OMIX (omix [arroba] concellodogrove.es). 

Xa nos meses de xaneiro e febreiro, os sábados en horario de 11.30 a 13.30 horas terá lugar un curso denominado “A mocidade tamén cociña” no que os mozos e mozas aprenderán a cociñar masa de pizza, hamburguesas, pratos con peixe, carne, aperitivos etc. Neste caso o curso ten un custo de 20 euros e é precisa inscrición previa na OMIX antes do 5 de xaneiro.


Todas las noticias