Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove organiza actividades de cociña destinadas á xuventude

Fecha: 2015-12-18

 

Durante estas datas desenvolveranse dous obradoiros nas instalacións do Obradoiro de Hostalería da Lanzada.

 

Desde a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello do Grove propóñense dúas actividades especificamente dirixidas á mocidade, máis concretamente a mozos e mozas de entre 12 e 18 anos. Trátase de obradoiros que terán lugar aproveitando o período de vacacións de Nadal e durante os meses de xaneiro e febreiro e que están orientadas á cociña. 

 

O programa comeza cun obradoiro de cociña de Nadal que se vai desenvolver entre o 28, 29 e 30 de decembro en horario de 11.00 a 13.00 horas e que se centra na decoración e mantemento da mesa de Fin de Ano e Reis, ademais de traballar na elaboración de entrantes, pratos e sobremesas de Nadal. Neste caso a matrícula é de balde, sendo as prazas limitadas a trinta persoas, polo que é precisa inscrición previa na OMIX (omix@concellodogrove.es). 

 

Xa nos meses de xaneiro e febreiro, os sábados en horario de 11.30 a 13.30 horas terá lugar un curso denominado “A mocidade tamén cociña” no que os mozos e mozas aprenderán a cociñar masa de pizza, hamburguesas, pratos con peixe, carne, aperitivos etc. Neste caso o curso ten un custo de 20 euros e é precisa inscrición previa na OMIX antes do 5 de xaneiro.