Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O vindeiro luns remata o prazo de inscrición nas probas Celga

Fecha: 2016-02-04

 

O Concello lémbralles ás persoas interesadas que o prazo para a inscrición nas probas de acreditación da lingua galega (Celga) convocadas para o mes de abril remata o vindeiro luns, 8 de febreiro, segundo a convocatoria do Diario Oficial de Galicia do día 7 de xaneiro de 2016.

 

As datas dos exames serán as seguintes: 2 de abril (Celga 4), 3 de abril (Celga 2), 9 de abril (Celga 3) e 1O de abril (Celga 1) e os lugares Santiago de Compostela e Ponferrada (León).

 

A inscrición cómpre facela, preferiblemente, a  través de https://sede.xunta.es (buscar: ED11 A), malia que opcionalmente tamén se pode formalizar nos lugares e  rexistros establecidos no artigo 38.4  da  Lei  30/1992,  do  26  de  novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

 

Pode consultar a  convocatoria  na  orde  do  DOG e  na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística. 

 

Máis información no Servizo de Normalización Lingüística municipal.