Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

O vindeiro luns remata o prazo de inscrición nas probas Celga

O Concello lémbralles ás persoas interesadas que o prazo para a inscrición nas probas de acreditación da lingua galega (Celga) convocadas para o mes de abril remata o vindeiro luns, 8 de febreiro, segundo a convocatoria do Diario Oficial de Galicia do día 7 de xaneiro de 2016.

As datas dos exames serán as seguintes: 2 de abril (Celga 4), 3 de abril (Celga 2), 9 de abril (Celga 3) e 1O de abril (Celga 1) e os lugares Santiago de Compostela e Ponferrada (León).

A inscrición cómpre facela, preferiblemente, a través de https://sede.xunta.es (buscar: ED11 A), malia que opcionalmente tamén se pode formalizar nos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pode consultar a convocatoria na orde do DOG e na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística. 

Máis información no Servizo de Normalización Lingüística municipal.


Todas as novas