Saltar al contenido

Esta web solo usa cookies propias técnicas, necesarias para su funcionamiento. Las estadísticas de visitas son anónimas y no usan cookies. Más información en nuestro aviso sobre cookies.

Aceptar

O Concello dota o pavillón de Conmeniño dun tapiz para a práctica de ximnasia rítmica

Desde hoxe o pavilló n de deportes de Conmeninño contará cun tapiz homologado de 14x14 para a práctica de ximnasia rítmica. Trátase dun elemento moi necesario para que os rapaces e rapazas que practican este deporte poidan exercelo nas condicións adecuadas e é unha demanda que o Club Biqueira do Grove levaba tempo realizando. Deste xeito o Concello avanza, a pesar das limitacións orzamentarias, en contar con instalacións adecuadas para todo tipo de disciplinas.

O tapiz fíxose agardar, xa que este tipo de materiais só se fabrican fóra de España, pero desde hoxe xa se atopa dispoñible e poderá ser estendido no pavillón cada vez que se realicen adestramentos e competicións.


Todas las noticias