Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello dota o pavillón de Conmeniño dun tapiz para a práctica de ximnasia rítmica

Fecha: 2016-02-11

 

Desde hoxe o pavilló n de deportes de Conmeninño contará cun tapiz homologado de 14x14 para a práctica de ximnasia rítmica. Trátase dun elemento moi necesario para que os rapaces e rapazas que practican este deporte poidan exercelo nas condicións adecuadas e é unha demanda que o Club Biqueira do Grove levaba tempo realizando.  Deste xeito o Concello avanza, a pesar das limitacións orzamentarias, en contar con instalacións adecuadas para todo tipo de disciplinas.

 

O tapiz fíxose agardar, xa que este tipo de materiais só se fabrican fóra de España, pero desde hoxe xa se atopa dispoñible e poderá ser estendido no pavillón cada vez que se realicen adestramentos e competicións.