Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Abierto el plazo para las propuestas de mejores deportistas

Fecha: 2010-03-05

A Concellaría de Deportes abre o prazo para que os clubes propoñan aos mellores deportistas do ano.

 

A VI Gala do Deporte Meco terá lugar o domingo 28 de marzo ás 20.00 horas na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rei

 

Como cada ano, o Concello do Grove quere premiar aos máximos expoñentes do deporte no Grove, organizando a VI Gala do Deporte Meco. O edil Alfredo Bea, vén de reunirse cos representantes dos clubes do municipio, co fin de comunicarlles que se abre desde o luns 22 de febreiro o prazo de presentación de candidaturas para as diferentes  categorías.

 

As propostas deberan ser presentadas no Concello, segundo se recolle nas bases, por rexistro e sendo o luns 15 de marzo o último día para poder facelo. O xurado, que estará formado, segundo o previsto, por un grupo de periodistas deportivos da comarca, reunirase nos días consecutivos para deliberar sobre as propostas e elixir aos gañadores, que recibirán os galardóns o día da Gala, 28 de marzo. A previsión que baralla a concellería de Deportes este ano é a de celebrar o evento na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rei.

 

A Gala do Deporte Meco acada, con esta, a súa sexta edición. Cada ano se vai consolidando como unha cita ineludible para toda a vila grovense, onde os veciños están moi ligados ao deporte.