Aberto o prazo para as propostas de mellores deportistas
Fecha: 2010-03-05
A Concellaría de Deportes abre o prazo para que os clubes propoñan aos mellores deportistas do ano.
A VI Gala do Deporte Meco terá lugar o domingo 28 de marzo ás 20.00 horas na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rei
Como cada ano, o Concello do Grove quere premiar aos máximos expoñentes do deporte no Grove, organizando a VI Gala do Deporte Meco. O edil Alfredo Bea, vén de reunirse cos representantes dos clubes do municipio, co fin de comunicarlles que se abre desde o luns 22 de febreiro o prazo de presentación de candidaturas para as diferentes categorías.
As propostas deberan ser presentadas no Concello, segundo se recolle nas bases, por rexistro e sendo o luns 15 de marzo o último día para poder facelo. O xurado, que estará formado, segundo o previsto, por un grupo de periodistas deportivos da comarca, reunirase nos días consecutivos para deliberar sobre as propostas e elixir aos gañadores, que recibirán os galardóns o día da Gala, 28 de marzo. A previsión que baralla a concellería de Deportes este ano é a de celebrar o evento na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rei.
A Gala do Deporte Meco acada, con esta, a súa sexta edición. Cada ano se vai consolidando como unha cita ineludible para toda a vila grovense, onde os veciños están moi ligados ao deporte.