Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello entregou os premios das postais de Nadal

Fecha: 2016-12-27

O debuxo de Álex Riveiro Álvarez, de 4 anos, foi o gañador do concurso.

 

O tradicional concurso de Postais de Nadal que organiza o Concello do Grove entre os escolares da vila chegou este ano á súa XVIII edición. Os premios foron entregados nunha actividade da Casa da Cultura o pasado venres e neles recoñecéronse a creatividade e o talento artístico de rapaces e rapazas de educación infantil e primaria. Os participantes presentaron debuxos sobre o Nadal en técnica libre que estiveron expostos na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.

 

De entre todos os participantes o xurado seleccionou un gañador, que nesta ocasión foi Álex Riveiro Álvarez, de 4 anos. O seu deseño converteuse así no protagonista da felicitación de Nadal en forma de postal dixital que se remite desde o Concello. Ademais do gañador, o xurado quixo recoñecer sete accésits:

 

  • Nora Rubirosa Fernández. 1º de educación primaria
  • Xiana Torres Fernández. 2º de educación primaria
  • Aarón Pazos Dadín. 2º educación primaria
  • Sofía Silva Carballal. 2º educación primaria
  • David Benavides Garrido. 3º educación primaria
  • Paula torres Piñeiro. 4º educación primaria
  • Ainhoa Piñeiro Pereira. 6º educación primaria

 

Os premiados recibirán bonos para libros e material escolar. As postais participantes estarán expostas ata o final das Festas.