O Concello do Grove acolle a proxección do documental ‘Yes, We Fuck!’
Fecha: 2017-03-29
O vindeiro venres, ás 20.00 horas, a Sala das Cunchas acolle esta actividade das xornadas do Día Internacional das Mulleres.
Dentro das actividades previstas ao longo deste mes co gallo do Día Internacional das Mulleres, a Sala das Cunchas do Concello do Grove acolle este venres, a partir das 20.00 horas a proxección do documental Yes, We Fuck! Trátase dunha peza dirixida por Antonio Centeno e Raúl de La Morena que ten como obxectivo final visibilizar a sexualidade das persoas con diversidade funcional, amosando que o sexo é patrimonio de todas e todos e que debe ser vivido con naturalidade.
O documental xira en torno a seis historias de sexo e diversidade funcional. Segundo describen os propios directores: “trátase de historias reais e diversas onde o sexo se torna unha arma de pracer en pro dos dereitos individuais e colectivos das persoas”. Máis aló da temática, este proxecto permite achegarse á problemática da diversidade funcional. A entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.