Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove atende máis de novecentos visitantes na oficina de turismo durante a Semana Santa

Fecha: 2017-04-18

Trátase de cifras que melloran as estatísticas da Semana Santa de 2016.

 

Na pasada Semana Santa, do 10 ao 16 abril de 2017, a oficina de turismo atendeu máis de novecentas persoas que acudiron a este punto de atención aos visitantes na busca de información sobre a vila e a comarca. Lembramos que a oficina retomou a atención no espazo da praza do Corgo logo dunha profunda reforma inaugurada o pasado luns, 10 de abril, cunha imaxe mellorada e máis moderna.

 

Dun xeito máis concreto, durante a Semana Santa a oficina de turismo da praza do Corgo recibiu 904 visitantes atendidos nun horario de 10.00 a 13.00 e de 15.00 a 18.00 horas, o que supón unha porcentaxe superior aos atendidos na Semana Santa de 2016, cando se contaba con dous empregados para atención da oficina e horario continuo. Entre a información máis demandada están as rutas de sendeirismo e paseos, xunto coas actividades de ocio activo (barcos de pasaxe, por exemplo) e incidindo moito no interese pola paisaxe e a contorna natural do Grove e da comarca.