Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove abre o prazo de solicitude de concesións dos servizos de temporada en praias

Fecha: 2017-05-11

O prazo remata o 25 de maio e as bases están dispoñibles no perfil do contratante da páxina web do Concello do Grove.

 

O Concello do Grove informa de que quedou aberto o prazo de solicitude de concesións dos servizos de temporada nas praias, que se estenderá ata o 25 de maio de 2017.

 

Os servizos de praias aos que se pode concorrer son os que se sitúan durante a tempada nos areais de a Lanzada,  O Carreiro, Area das Pipas, Area Grande, Raeiros,  Area de Reboredo e A Mexiloeira. Os servizos ofertados para estas áreas son quioscos, hamacas, hidropedais, kayak, pádel surf e o posto de servizos deportivos. Os usuarios que desexen ofertar estes servizos deberán presentar as súas ofertas e propostas de xestión.

 

As solicitudes deben presentarse nas dependencias do Rexistro xeral do Concello do Grove de forma presencial ou por correo. Poderán ampliar a información requirida no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra ou no perfil do contratante.