Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

O Concello do Grove abre o prazo de solicitude de concesións dos servizos de temporada en praias

O prazo remata o 25 de maio e as bases están dispoñibles no perfil do contratante da páxina web do Concello do Grove.

O Concello do Grove informa de que quedou aberto o prazo de solicitude de concesións dos servizos de temporada nas praias, que se estenderá ata o 25 de maio de 2017.

Os servizos de praias aos que se pode concorrer son os que se sitúan durante a tempada nos areais de a Lanzada, O Carreiro, Area das Pipas, Area Grande, Raeiros, Area de Reboredo e A Mexiloeira. Os servizos ofertados para estas áreas son quioscos, hamacas, hidropedais, kayak, pádel surf e o posto de servizos deportivos. Os usuarios que desexen ofertar estes servizos deberán presentar as súas ofertas e propostas de xestión.

As solicitudes deben presentarse nas dependencias do Rexistro xeral do Concello do Grove de forma presencial ou por correo. Poderán ampliar a información requirida no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra ou no perfil do contratante.


Todas as novas