Programa Coeducando na diversidade e o bo trato. Fortalecendo redes para o cambio
Fecha: 2017-09-28
O Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello do Grove vai desenvolver un programa, subvencionado pola Deputación de Pontevedra, que se chama Programa Coeducando na diversidade e o bo trato. Fortalecendo redes para o cambio.
Esta acción consta dunha serie de actividades dirixidas a toda a comunidade educativa (algunhas destinadas ao alumnado, outras a familias, profesorado e persoas interesadas) que se darán a coñecer paulatinamente.
O vindeiro mes de outubro comezarán os obradoiros de educación afectivo-sexual nos centros de educación primaria e no IES Monte da Vila.

