Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Programa Coeducando na diversidade e o bo trato. Fortalecendo redes para o cambio

Fecha: 2017-09-28

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello do Grove vai desenvolver un programa, subvencionado pola Deputación de Pontevedra, que se chama Programa Coeducando na diversidade e o bo trato. Fortalecendo redes para o cambio.

 

Esta acción consta dunha serie de actividades dirixidas a toda a comunidade educativa (algunhas destinadas ao alumnado, outras a familias, profesorado e persoas interesadas) que se darán a coñecer paulatinamente.

 

O vindeiro mes de outubro comezarán os obradoiros de educación afectivo-sexual nos centros de educación primaria e no IES Monte da Vila.