Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Punta Moreiras acolleu esta fin de semana a ‘gradación’ dos rapaces e rapazas de ‘Coñecendo e gozando da biblioteca’

Fecha: 2018-05-30

 

O evento tivo lugar o pasado venres en Punta Moreiras.

 

O Concello do Grove clausurou o venres 25 de maio a actividade extraescolar “Coñecendo e gozando a biblioteca” cunha festa de fin de curso que tivo lugar en Punta Moreiras. A actividade vénse celebrando desde novembro de 2017 e nela participaron 46 nenos e nenas que o pasado venres recibiron o seu diploma acreditativo do bo aproveitamento do curso.

 

Durante esa tarde a rapazada realizou unha xincana no Museo da Salga e os seus arredores cunha temática moi concreta: coas treboadas dos últimos días abriuse un burato no mar de onde xurdiu o “Trasno Comegrobits”, polo que os nenos e nenas tiñan que conseguir 12 amuletos (4 por grupo) para acadar un feitizo que fixese voltar o trasno ao buraco. Deste xeito, ademais de incidir na narrativa e no contar historias co que os cativos levan estes meses traballando, contribúese ao traballo en equipo, o compañeirismo e a amizade. Logo diso desenvolveuse a entrega de diplomas, facendo especial fincapé en que os rapaces e rapazas contaron cunhas camisetas moi especiais, deseñadas por eles mesmos, que incluían un símbolo que representa a unión entre a sabedoría e a natureza.