Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Ditaminado o XXV Premio Lueiro Rey de Novela Curta

Fecha: 2018-12-10

Na tarde de onte reuniuse o xurado nomeado polo Concello do Grove para ditaminar o XXV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta.

 

Despois de deliberar acordou, por maioría, declarar gañadora a novela Illas a sotavento, cuxo autor resultou ser o ferrolán Henrique Dacosta  López, tal como se recolle na correspondente acta.

 

 

Horas despois, ás 19.30 h, na Carpa institucional da praza do Corgo, comezou lugar a gala literaria e musical de entrega do premio da anterior  edición deste certame literario ao autor Diego Alfonsín pola súa obra Non o saben as estrelas.