Ditaminado o XXV Premio Lueiro Rey de Novela Curta
Fecha: 2018-12-10
Na tarde de onte reuniuse o xurado nomeado polo Concello do Grove para ditaminar o XXV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta.
Despois de deliberar acordou, por maioría, declarar gañadora a novela Illas a sotavento, cuxo autor resultou ser o ferrolán Henrique Dacosta López, tal como se recolle na correspondente acta.

Horas despois, ás 19.30 h, na Carpa institucional da praza do Corgo, comezou lugar a gala literaria e musical de entrega do premio da anterior edición deste certame literario ao autor Diego Alfonsín pola súa obra Non o saben as estrelas.
