Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A CORPORACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DO GROVE INICIA UNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SINATURAS PARA SOLICITAR MÁIS PERSOAL MÉDICO PARA O CENTRO DE SAÚDE DA VILA

Fecha: 2022-01-13

 

Logo das reiteradas accións de denuncia ante a progresiva deterioración do servizo de atención primaria no municipio, o Concello do Grove pon en marcha unha campaña de recollida de sinaturas a nivel local para esixirlle á Xunta que contrate máis profesionais da medicina para o centro de saúde do municipio. Esta recollida de sinaturas foi decidida e apoiada unanimemente por todos os partidos políticos que forman parte da corporación.

 

A falta de persoal sanitario no centro de saúde meco é unha constante que se viu agravada nos últimos meses, o que deixa de manifesto as carencias que está a sufrir e a continua precarización do servizo de atención primaria no Grove.

 

Así pois, a corporación municipal anima a toda a veciñanza a participar nesta iniciativa popular deixando a súa sinatura. Os pregos para asinar estarán dispoñibles no Edificio Administrativo do Concello, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey e no mercado municipal. Ademais, os estabelecementos abertos ao público (comercios, bares, restaurantes...) da vila que queiran colaborar na recollida de sinaturas poden facelo deixando á disposición da súa clientela eses mesmos pregos.

 

Todas as sinaturas recollidas, xunto co texto da petición, seranlle trasladadas ao conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia.