Saltar al contenido

Esta web utiliza cookies de terceros para mejorar el servicio. Más información en nuestro aviso sobre cookies.

Aceptar

Inscrición no Programa Madruga para o curso 2026/2027

Inscrición no Programa Madruga para o curso 2026/2027

  • O Concello do Grove abre o prazo de inscrición para o Programa Madruga do CEIP Valle-Inclán, correspondente ao curso escolar 2026/2027.
  • O prazo para presentar as solicitudes estará aberto do 1 de setembro ao 31 de maio.
  • O Programa Madruga ten como obxectivo facilitar a conciliación familiar e laboral, ofrecendo atención ao alumnado antes do inicio da xornada lectiva.
  • O custo do servizo é de 30 € mensuais, mediante domiciliación bancaria. Establécese un desconto do 20 % para familias numerosas, familias monoparentais e nos casos nos que asista ao programa máis dun irmán ou irmá.

Presentación de solicitudes

As solicitudes poderán presentarse:

  • Presencialmente, no Rexistro do Concello do Grove, de 9:00 a 14:00 horas, entregando o formulario debidamente cuberto e asinado xunto coa documentación necesaria.
  • Por vía electrónica, a través da Sede Electrónica do Concello do Grove, mediante o trámite habilitado para o Programa Madruga.

Xunto coa solicitude deberá achegarse o libro de familia e, cando corresponda, o título de familia numerosa ou a documentación que acredite a situación de familia monoparental ou outras circunstancias que dean dereito ao desconto.

As persoas solicitantes que non obteñan praza pasarán á correspondente lista de espera.

Formulario de inscrición:

Nova inscrición Programa Madruga curso 2026-2027

Prazo de inscrición: do 1 de setembro ao 31 de maio.


Todas las noticias