Aberto o prazo de inscrición para o Obradoiro de Estimulación Cognitiva 2026-2027
Fecha: 2026-08-28
O Concello do Grove abre o próximo mércores 2 de setembro o prazo de inscrición para o Obradoiro de Estimulación Cognitiva 2026-2027, unha actividade orientada a exercitar e manter activas diferentes capacidades cognitivas.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude a través da Sede Electrónica do Concello do Grove ou presencialmente no Rexistro municipal, en horario de 9.00 a 14.00 horas. As prazas son limitadas.
As clases darán comezo o martes 15 de setembro e desenvolveranse en diferentes grupos e horarios:
- Martes e xoves: de 9.00 a 10.30 h ou de 11.00 a 12.30 h.
- Mércores e venres: de 9.00 a 10.30 h ou de 11.00 a 12.30 h.
No formulario de inscrición, cada persoa poderá indicar o horario ou horarios nos que desexa participar.
No caso de que o número de solicitudes supere as prazas dispoñibles, as persoas que non obteñan praza pasarán a formar parte dunha lista de espera.
O pagamento das cotas realizarase mensualmente mediante domiciliación bancaria, dentro dos primeiros quince días de cada mes.
A solicitude deberá presentarse debidamente cuberta e asinada, xunto coa documentación correspondente.
Espreguiza a túa mente! O curso 2026-2027 do Obradoiro de Estimulación Cognitiva ofrece unha nova oportunidade para manter a mente activa a través dunha actividade continuada ao longo do curso.
Formulario de inscrición:
Inscrición taller da memoria 2026 2027

Inscricións a partir do 2 de setembro. Prazas limitadas.