Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Curso presencial no Grove preparatorio das probas para obter o Celga 4

Fecha: 2011-03-28

A Secretaría Xeral de Política Lingüística resolveu aprobar a realización no noso concello dun curso preparatorio para as probas Celga, nivel 4.

 

Lémbraselles ás persoas que se inscribiron no seu momento que as clases comezarán o vindeiro luns, día 4 de abril, ás 20.00 h, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, situada no número 1 da rúa do Monte da Vila.

 

Así mesmo, tamén se lles recorda que ata o día 29 de abril está aberto o prazo para inscribirse nas probas para obter o certificado Celga, que no caso do Celga 4 terán lugar o día 18 de xuño.  Poden obter neste enlace a solicitude de inscrición nas probas e o impreso para o pagamento das taxas. Unha vez cuberta a documentación e aboadas as taxas (15,61 €), pode e entregala no Rexistro do Concello do Grove.

 

Se precisa axuda ou máis información, póñase en contacto co SNL municipal.