Curso presencial no Grove preparatorio das probas para obter o Celga 4
Fecha: 2011-03-28
A Secretaría Xeral de Política Lingüística resolveu aprobar a realización no noso concello dun curso preparatorio para as probas Celga, nivel 4.
Lémbraselles ás persoas que se inscribiron no seu momento que as clases comezarán o vindeiro luns, día 4 de abril, ás 20.00 h, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, situada no número 1 da rúa do Monte da Vila.
Así mesmo, tamén se lles recorda que ata o día 29 de abril está aberto o prazo para inscribirse nas probas para obter o certificado Celga, que no caso do Celga 4 terán lugar o día 18 de xuño. Poden obter neste enlace a solicitude de inscrición nas probas e o impreso para o pagamento das taxas. Unha vez cuberta a documentación e aboadas as taxas (15,61 €), pode e entregala no Rexistro do Concello do Grove.
Se precisa axuda ou máis información, póñase en contacto co SNL municipal.