Saltar al contenido

Esta web solo usa cookies propias técnicas, necesarias para su funcionamiento. Las estadísticas de visitas son anónimas y no usan cookies. Más información en nuestro aviso sobre cookies.

Aceptar

Jornadas micológicas

Aproveitando a época de recollida de cogomelos as Concellerías de Medio ambiente e Xuventude do Concello do Grove organizan unhas Xornadas Micolóxicas dirixidas a todos os amantes da natureza e do gusto por este prato.

A agrupación micolóxica a Cantarela será a encargada de levar a cabo esta actividade cuxo programa desglosamos a continuación:

  • Día 14 de novembro. 19:30. Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rei”

INTRODUCCIÓN Á MICOLOXÍA. PRINCIPAIS COGOMELOS COMESTIBLES

Carlos Álvarez Puga.- Presidente da Ag. Mic. A Cantarela

  • Día 15 de novembro. 19,30h. Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rei”

COGOMELOS COMPARADOS COMESTIBLES E VELENOSOS.

Ramón Carlos Encisa Fraga, Vicepresidente da Ag. Mic. A Cantarela

  • Día 17 de novembro 9,00 h (Sábado)

SAÍDA AO CAMPO.

O prazo para inscribirse na actividade ábrese dende o venres 2 de novembro ata o cubrir as 50 prazas disponible e pódese tramitar na Oficina Municipal de Información Xuvenil ubicada na Casa Azul. Teléfono 986 730609


Todas las noticias