Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Xornadas micolóxicas

Aproveitando a época de recollida de cogomelos, as concellerías de Medio Ambiente e Xuventude do Concello do Grove organizan unhas xornadas micolóxicas dirixidas a todos os amantes da natureza e do gusto por este prato.

A Agrupación Micolóxica A Cantarela será a encargada de levar a cabo esta actividade, cuxo programa desagregaremos a continuación:

  • Día 14 de novembro. 19:30. Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey

INTRODUCIÓN Á MICOLOXÍA. PRINCIPAIS COGOMELOS COMESTIBLES

Carlos Álvarez Puga, presidente da Agrupación Micolóxica A Cantarela

  • Día 15 de novembro, 19.30h, Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey

COGOMELOS COMPARADOS COMESTIBLES E VELENOSOS.

Ramón Carlos Encisa Fraga, vicepresidente da Ag. Mic. A Cantarela

  • Día 17 de novembro, 9.00 h (sábado)

SAÍDA AO CAMPO.

O prazo para inscribirse na actividade ábrese o venres 2 de novembro ata cubrir as 50 prazas disponible e a inscrición pódese tramitar na Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada na Casa Azul. Teléfono 986 730 609


Todas as novas