Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Concello do Grove e ANPA repiten a recollida solidaria de xoguetes polo Nadal

Fecha: 2013-12-10

 

 

As persoas que queiran colaborar, poden deixar os seus xoguetes na rúa Pratería, número 39

 

 

 

 

O Concello do Grove, a través das concellerías de Educación e Benestar e Igualdade, e das ANPA dos colexios Conmeniño, Valle-Inclán e Rosalía de Castro, das Escolas Infantís de Rons e do Monte da Vila e do instituto Monte da Vila, organizan por segundo ano a recollida solidaria de xoguetes, que pretende garantir que este Nadal non falten sorrisos en ningún fogar do concello.

 

A recollida de xoguetes farase o mércores, xoves e venres no local da rúa Pratería, 39. As persoas que queiran colaborar, poden deixar os xoguetes en horario de 10.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas.

 

Este é o segundo ano que se organiza esta campaña. Na primeira convocatoria a resposta da cidadanía foi moi importante. Superáronse todas as expectativas e conseguiuse repartir xoguetes entre todas as familias do municipio que o precisaban. Os xoguetes que sobraron repartíronse entre os propios centros escolares –escolas infantís, comedores…-, no centro médico, na biblioteca municipal e a un centro de acollida de mulleres.