Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

II Concurso de Xoves Gaiteiros Solistas Concello do Grove y II Xornadas de Musica Tradicional

Fecha: 2014-02-17

 

 

As Xornadas de Música Tradicional vanse desenvolver o sábado 29 de marzo en horario de mañá e tarde. Estas charlas, cursos e obradoiros van estar dirixidos por uns grandes mestres de música galega, Iván Costa (gaita) e Francisco Estévez (percusión).

 

Obradoiro de gaita

Obradoiro de percusión

Folla de inscrición obradoiros

 

 

O Concurso de Xoves Gaiteiros Solistas vai transcorrer durante o domingo día 30 de marzo. Pola mañá haberá unha eliminatoria cun máximo de 25 inscritos e pola tarde a final cos 12 primeiros clasificados da mañá. Vai destinado a rapaces e rapazas de 14 a 22 anos, co cal tentamos dar un pulo para que a xuventude do país se dedique de cheo á música tradicional galega e, sobre todo para que toque o noso instrumento máis distintivo, a gaita galega. Este concurso vai acompañado de importantes premios para tentar de promover os novos valores que tocan a gaita galega e conta cunhas bases polas que se hai que rexer.

 

Bases do Concurso de Xoves Solistas

Inscrición Xoves Gaiteiros Solistas