Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O tenente de Alcalde Carlos Álvarez anuncia axudas para os clubes deportivos que teñan mulleres

Fecha: 2008-11-17

O nacionalista Carlos Álvarez anunciou no transcurso das xornadas da muller no piragüismo que a concellería de igualdade e benestar e a concellería de deportes incentivarán a participación da muller no deporte local. O tenente Alcalde presentou esta medida como unha aportación máis que estamos a facer desde o goberno para facilitar e mellorar as condicións da muller no ambito do deporte. “modificaremos a orde de axudas actual para ampliala e incentivar con máis puntos por cada muller que conte o clube.

Estas medidas de discriminación positiva son fundamentais para pouco a pouco situar a muller no mesmo plano que o home na practica competitiva e deportiva en xeral” afirmou o nacionalista.

Na ponencia presentada por Carlos Álvarez e na que interveu a directora do CIM Liliana Barral, presentaron as liñas básicas do Plan de Igualdade que está a piques de rematarse no concello. O tenente alcalde afirmou que este plan ten que ser o Plan de todas as entidades sociais, “para que sexa realista e para que os obxectivos sexan cumpridos por todos os entes sociais. Para que isto salga ben, temos que empezar por crer nel e logo poñelo en practica desde todos os ambitos, economico, institucional, deportivo, laboral...”