Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Volante de empadroamento para a reserva de praza nos colexios

Fecha: 2014-03-12

Aberto o prazo de admisión de alumnado nos diferentes centros escolares do municipio.

 

No que respecta á documentación para presentar, desde o Concello do Grove informan as nais e os pais que é preciso que nas oficinas municipais soliciten un volante de empadroamento, en lugar do certificado. Trátase dun documento válido para faceren a reserva de praza nos colexios, institutos e escolas infantís, e que permite simplificar e abaratar o trámite.

 

O Concello do Grove fixo ante a Consellería de Educación os trámites precisos para que sexa admitido este documento, que se expide con maior brevidade que o certificado e que é gratuíto para a cidadanía.