Información relevante relacionada coa Gran Marcha do Entroido Meco e co Enterro da Sardiña 2014
Fecha: 2014-03-14
Gran Marcha do Entroido Meco
Este sábado 15, O Grove acolle o día grande do Entroido meco coa celebración do desfile de disfraces que se tivo que pospor o pasado martes 4 de marzo debido ao mal tempo.
O desfile comezará puntualmente, como estaba previsto, ás 17.00 horas. Debido á grande expectación que parece que está a levantar (pois son innumerables as chamadas que se reciben a diario para solicitar información sobre o evento desde toda a comarca, e incluso de lugares como Pontevedra, Marín ou Vigo), prevese unha gran participación e xa foron moitos os grupos e incluso comparsas que confirmaron a súa asistencia.
Desde a Concellería de Cultura e Terceira Idade, organizadora dos actos en colaboración co persoal da Rede de Bibliotecas, Protección Civil e a Concellería de Seguridade Cidadá, deseñouse un percorrido máis amplo que o de anteriores edicións para lle dar cabida e seguridade a este previsible aumento de participantes, quedando, pois, da seguinte maneira:
De 15.30 a 16.30 h: inscrición (gratuíta), ás portas da Casa do Concello, dos participantes no concurso.
Ás 17.00 h: saída do desfile, os participantes iranse colocando entre a "rotonda das garzas" en Beiramar (cabeceira), e diante do mercado municipal (cola).
O percorrido é o seguinte, dúas voltas obrigatorias para participar no concurso:
"Rotonda das garzas" (saída), Beiramar, rúas Luis Casais, Castelao, Rúa da Praza, Praza de Arriba, Rúa da Praza, Praza do Corgo, monumento Mariscador e "rotonda das garzas".
Ás 19.30 h: entrega de premios ás portas do Concello. Entregaranse os premios desfile, do concurso de comparsas e do concurso de decoración do Entroido.
Bases Concurso de Disfraces 2014
Enterro da Sardiña
As 20.00 h: saída da comitiva fúnebre de dona Sardiña desde a Casa do Concello
Percorrido: Casa do Concello, rúa Pablo Igleias, Praza de Arriba, rúas Luis Seoane, Luis Casais, Castelao, Rúa da Praza, Praza de Arriba, Rúa da Praza e Praza do Corgo, onde se incinerará, dando por rematado o Entroido 2014.
Esquela de dona Sardiña Meca 2014
Normas de seguridade
- Por mor de onde vai transcorrer o desfile, e por transcorrer por rúas estreitas e con limitación de altura, as carrozas deberán ter como máximo unha anchura de 2,5 metros; unha altura máxima de 3,5 metros e unha lonxitude máxima de 7 metros. Así mesmo, as plataformas remolcadas por tractores non deberan exceder en total 7 metros de lonxitude.
- As carrozas que superen estas lonxitudes non poderán desfilar.
- Unha vez rematas as dúas voltas obrigatorias do desfile, os vehículos e carrozas deberan desviarse á zona portuaria.
- Todos os vehículos que participen no desfile (en concurso ou non) deberán cumprir coa normativa vixente relativa ás condicións técnicas de seguro o obrigatorio, sinalando tamén que en todo momento os vehículos e carrozas deberán levar un grupo de persoas ao redor destes para garantir a seguridade tanto das persoas que participen no desfile como das que se atopen na rúa como espectadores, recomendando un perímetro de seguridade de 1,5 metros.
Restrición de circulación e estacionamentos
- Prohíbese o estacionamento dende as 14.00 horas nas rúas Castelao (intersección con rúa do Pombal e Luis Casais ata o "Cruce do Garda"), Rúa da Praza e rúa Pablo Iglesias.
- Prohíbese circular desde as 17.00 horas polas rúas: Beiramar, Luis Casaias, Castelao, Rúa da Praza, Praza de Arriba, Pablo Iglesias, Praza do Corgo e Luis Seoane.
- O horario estimado de apertura ao tráfico destas rúas será entre as 21.30 e 22.00 h.
- A Policía Local pide colaboración e respecto á sinalización provisional que se colocará con motivo deste evento.